
Atención!
O mércores día 5 de Abril temos evento dobre a un lado e outro da Serra do Cando.
Por unha banda, en Doade, na parte do monte orientada contra a Serra do Suido, colaboramos coas plataformas Sos Suido-Seixo e Amigas da terra organizando unha proxección e coloquio sobre a problemática da extracción de litio que, mediante o proxecto mineiro Alberta I, ameaza a un bo feixe de aldeas nunha zona de 12km de longo que atravesaría os montes de 7 concellos e podería afectar a 11 cursos de auga distintos.
Proxectarase o documental "En el nombre del Litio" que rexistra a desfeita que este tipo de minaría fixo noutros territorios forzados, coma o noso, a ser reventados ao servizo do capital e dunha falsa transición enerxética.
E despois, sobre as 21:00, na cara occidental da montaña, mirando cara o mar a través da bagoada do río Almofrei, teremos unha vez máis unha xuntanza de ruido e amizade no galpón social da Rousmeri de Caroi.
Visítannos Manu, ex integrante da banda Kaso aparte, e Doctrina, unha bandaza de punk que ven de xira dende a parte meridional da península. Acompañarán tamén os case locais Lamprea. Abaixo ligazóns ás redes das bandas e colectivos.